Dinamización: TARXETA BONO CULTURA GALEGA

TARXETA BONO CULTURA GALEGA

Descontos en libros e entradas de teatro para a xente moza

Tedes entre 18 e 30 anos de idade? Interésavos a Tarxeta bono Cultura Galega. Con ela gozaredes de descontos en libros e en entradas para asistirdes a espectáculos de artes escénicas de empresas galegas.

 

 

Ler máis

Como funciona? Cunha achega de 33 euros poderedes realizar un gasto por valor de 50 euros en libros en galego ou en entradas aos teatros nos establecementos adheridos á campaña. A diferenza de 17 euros en cada Tarxeta Bono asúmea a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) co obxectivo de incentivar o consumo destes produtos culturais entre a xente moza.

Poderedes adquirir a Tarxeta Bono a través do web www.tarxetabonoculturagalega.gal no apartado correspondente á compra de bonos ou a través da aplicación informática para dispositivos móbiles TarxetaCulturaGalega.

A partir do 10 de outubro, facédevos con ela!

Comparte