Dinamización: ANO CELSO EMILIO FERREIRO

ANO CELSO EMILIO FERREIRO

Unha ampla variedade de propostas para conmemorar o centenario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro

Neste 2012 cúmprense os cen anos do nacemento de Celso Emilio Ferreiro e o 50º aniversario da publicación do seu poemario Longa noite de pedra. A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria promove durante todo o ano un completo programa de actividades para difundir entre a cidadanía o legado dun dos principais autores da literatura galega do século XX.

Ler máis

Co obxectivo de poñer en valor a súa importante actividade literaria e política, de compromiso con Galicia e de defensa das liberdades democráticas, o Parlamento de Galicia acordou por unanimidade declarar o 2012 Ano Celso Emilio Ferreiro.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presenta para os vindeiros meses un completo programa de actividades, coa colaboración de múltiples entidades públicas e privadas, como a Fundación Cidade da Cultura, Agadic, Concello de Celanova, Real Academia Galega, universidades estranxeiras, empresas editoriais e, particularmente, a Fundación Celso Emilio Ferreiro.

Estas colaboracións permitirán contar este ano cunha exposición multimedia itinerante, actos académicos e artísticos para difundir a súa figura, novas biografías para as bibliotecas públicas, novos materiais didácticos para os escolares, versos nos escaparates da vila natal do poeta ou actividades de posta en valor nas escolas e nas rúas que levan o seu nome.

Celso Emilio na Rede

A vida, a obra, as imaxes do álbum familiar, os sons e a música que inspirou Celso Emilio Ferreiro están recollidas no espazo monográfico www.celsoemilioferreiro.org. A web preséntase como unha base de información imprescindible para asegurar a difusión de Celso Emilio entre o conxunto da cidadanía e mesmo a calquera interesado en calquera lugar do mundo.

Calendario

Xaneiro
- Campaña "Cen anos, cen comercios, cen poemas", de xaneiro a decembro en Celanova,
con xincanas para escolares

Febreiro
- Web monográfico do escritor www.celsoemilioferreiro.org
- Edición bilingüe castelán-galego de Longa noite de pedra, ilustrada (Auga Editora)

Marzo
- Exposición interactiva sobre Celso Emilio Ferreiro itinerante nas bibliotecas nodais, de marzo a setembro

Abril
- Concerto-homenaxe a Celso Emilio Ferreiro en Celanova (Agadic)
- "Galicia, ceo das letras" sobre Celso Emilio Ferreiro, na Cidade da Cultura
- Campaña "Vivo na rúa Celso Emilio Ferreiro", en 28 localidades
- Actividades de difusión do autor na Feira do Libro de Bos Aires e promoción do web www.celsoemilioferreiro.org, en inglés, castelán e galego
- Edición en inglés de Longa noite de pedra, na colección Galician Classics

Maio
- Xornada "Xigantes ou ananos? Ferreiro e o debate sobre a emigración na historia de Galicia", do Consello da Cultura Galega
- Edición bilingüe francés-galego de Longa noite de pedra, de Éditions l’Harmattan

Xuño
- Espectáculo musical en Vigo arredor dos poemas de Celso Emilio Ferreiro (Agadic)

- Edición da biografía de Celso Emilio Ferreiro (Xerais)
- Sesión extraordinaria da Real Academia Galega en Celanova
- Acto conmemorativo na Casa de Galicia en Madrid
- Edición da recompilación de artigos de Ferreiro en ABC (Xerais)
- Concerto do Ciclo Galicia Classics o 29 de xuño en Lugo, coa Compañía Lírica Ofelia Nieto, xunto á soprano Patricia Morchón, o barítono Antón de Santiago e o Grupo Instrumental Cítola.

Xullo
- Curso da Universidade Internacional Menéndez Pelayo "Celso Emilio Ferreiro (1912-2012): Ética e poética", en Celanova
- IV Festa da Palabra, da Ínsua dos Poetas, dedicada a Celso Emilio
- Concerto do Ciclo Galicia Classics o 16 de xullo en Celanova, coa Compañía Lírica Ofelia Nieto, xunto á soprano Patricia Morchón, o barítono Antón de Santiago e o Grupo Instrumental Cítola.

Setembro
- Exposición interactiva sobre Celso Emilio Ferreiro en itinerancia en centros escolares,ata decembro
- Unidades didácticas dixitais sobre Celso Emilio Ferreiro
- Concurso escolar sobre Celso Emilio Ferreiro

Outubro
- Actividades de difusión da obra de Celso Emilio Ferreiro nos Centros de Estudos Galegos de universidades estranxeiras, en centros do Instituto Cervantes e en Bruxelas

Novembro
- Congreso sobre Celso Emilio Ferreiro, promovido pola Fundación Celso Emilio Ferreiro e as universidades galegas

Comparte