Dinamización: DÍA DA ILUSTRACIÓN 2014

DÍA DA ILUSTRACIÓN 2014

Obradoiros e actividades creativas nas bibliotecas nodais de Galicia

A Xunta de Galicia fixa o 30 de xaneiro, coincidindo co nacemento de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, para destacar a importancia da ilustración e do deseño no libro e na lectura, así como para poñer en valor o sector galego da ilustración.

A Consellería de Cultura e Educación, a través da Secretaría Xeral de Cultura, propón diversas actividades dirixidas a todos os públicos e de balde para promover a celebración, por vez primeira, do Día da Ilustración en Galicia.

Ler máis

Obradoiros, actividades para estimular a creatividade e a imaxinación, mostras bibliográficas e espazos para a reflexión e a conversa. As bibliotecas nodais das catro provincias, situadas en Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, A Coruña e Santiago de Compostela, e a Biblioteca de Galicia, na Cidade da Cultura, serán o escenario desta programación, que conta co apoio da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración.
 

Programa

A Coruña
Obradoiro de ilustración con Xosé Tomás
1 febreiro, 11:30 - 13:00h.
Público: de 12 a 18 anos
Prazas: 20
Inscrición previa en rbgalicia.xunta.es ou na biblioteca

Ourense
Obradoiro de ilustración e actividades creativas
30 xaneiro, 16:30 - 18:30h.
Público: a partir de 12 anos
Ao cargo do Colectivo Miñoco

Santiago de Compostela
Construción dun mural colectivo
Lugar: Biblioteca Pública Ánxel Casal
30 xaneiro, 18:30h.
Público: de 6 a 12 anos
Prazas: 10
Inscrición previa en rbgalicia.xunta.es e presentación 10 min. antes do inicio

Santiago de Compostela:
Obradoiro de técnicas de gravado e estampación
Lugar: Biblioteca de Galicia. Cidade da Cultura (Aula 2)
1 febreiro, 12:00 - 14:00h.
Público: a partir de 12 anos
Ao cargo de Marita Crespo
Prazas: 10
Inscrición previa en cidadedacultura.org

Pontevedra
Obradoiro "Era unha vez... a ilustración"
30 xaneiro, 12:00 - 13:00h.
Público: estudantes de 1º de primaria do CEIP A Laxe
Ao cargo de Patricia Rodríguez Saavedra (IMASV)

Faladoiro "A ilustración gráfica hoxe en Galicia"
Con Marina Seoane, Almudena Aparicio e Manuel Uhía
Modera: Henrique Torreiro
30 xaneiro, 18:30h.
Para todos os públicos

Obradoiro de ilustración con Óscar Villán
31 xaneiro, 18:30 - 19:30h.
Prazas: 20
Inscrición previa en biblio.publica.pontevedra@xunta.es, no teléfono 986 850 838 ou na biblioteca, de 9 a 14 horas

Vigo
Mostra "Vida e obra dos ilustradores en Vigo"
30 xaneiro ao 7 febreiro
Para todos os públicos

Obradoiro "As receitas da ilustradora"
30 xaneiro, 18:00 - 19:15h.
Público: a partir de 6 anos
Para 20 participantes
Ao cargo de Marisa Irimia
Inscrición en bibli.central.vigo@xunta.es ou na biblioteca

Lugo
Obradoiro de ilustración con Xosé Tomás
31 xaneiro, 18:30 - 20:30h.
Público: de 6 a 10 anos
Prazas: 25 persoas
Inscrición previa en rbgalicia.xunta.es

A Coruña
Conversa con Miguelanxo Prado
Museo de Belas Artes da Coruña
7 febreiro, 20:00h. A Coruña

Documentos relacionados

Comparte