Dinamización: ABRENTE

ABRENTE

40 anos da I Mostra de Teatro

40 anos despois da I Mostra de Teatro Abrente, Ribadavia acolle a celebración das xornadas que conmemoran o momento fundacional do novo teatro galego.

No ano 1969, nace en Ribadavia a Agrupación Cultural Abrente, a cal, a partir do ano 1973, iniciará a organización das mostras.

Ler máis

No ambiente de recuperación cultural de finais dos anos sesenta en España, as mostras convertéronse nun punto de encontro para o establecemento das bases do teatro contemporáneo galego e en galego. Arredor delas configurouse o denominado "grupo Abrente", o primeiro grupo xeracional de dramaturgos profesionais en lingua galega entre os que destacaron Manuel Lourenzo, Roberto Vidal Bolaño e Euloxio R. Ruibal, entre outros.

Programa:

13 de decembro, Centro Comarcal do Ribeiro

- 17:30 Inauguración das xornadas

- 18:00 Mesa redonda 'Dun tempo, dun país', interveñen José Luis Chao, Manuel Guede, Maribel Outeiriño e Luís Álvarez Pousa

- 20:30 Representación de 'BailadELAS' de R. Vidal Bolaño na Casa da Cultura

14 de decembro, Casa da Cultura

- 10:00 Presentación das publicacións conmemorativas

'40 anos daquel Abrente', interveñen Inma López Silva, Dolores Vilavedra e Roberto Pascual

'Ricard Salvat e o teatro galego', intervén Xesús Alonso Montero

- 11:00 Mesa redonda 'Cando fomos Abrente', interveñen Camilo Fernández Valdehorras, Julio Cardoso, Cándido Pazó e Manuel Lourenzo

- 13:00 Proxección do documental 'Abrente, unha clave para o teatro galego'

- 17:00 Clausura das xornadas

Homenaxe a Xesús Sánchez Orriols. Descubrimento dunha placa conmemorativa na súa casa

Documentos relacionados

Comparte