Dinamización: ARRANCA O ANO FILGUEIRA

ARRANCA O ANO FILGUEIRA

Ampla e variada programación ao redor do homenaxeado co Día das Letras Galegas 2015

Velaquí está o ano de Filgueira Valverde! Botan a andar xa as principais accións de recoñecemento e posta en valor da obra e da figura do escritor e historiador, a quen se lle dedica o Día das Letras Galegas 2015. Exposicións, edicións conmemorativas, xincanas para a mocidade, concertos, pezas televisivas, dixitalización de documentación conforman, entre outras, a ampla e variada programación.

 

Ler máis

Entre estas accións atópase a publicación dos índices temáticos dos artigos do Adral, moi útiles para achegarse aos distintos ámbitos dos estudos de Filgueira.

Desde que  Real Academia Galega (RAG) anunciara a decisión de lle dedicar o Día das Letras 2015 ao polígrafo Filgueira Valverde, as institucións e entidades vinculadas coa cultura galega comezaron a artellar actividades e iniciativas para contribuír á divulgación da súa obra e, promover así, o uso da lingua galega e a difusión da cultura. Propostas que implican e fan partícipe desta celebración e homenaxe a toda sociedade.

Máis información   sobre a figura homenaxeada no Día das Letras Galegas 2015 e sobre as actividades programadas no web Filgueiravalverde.gal e na páxina de recursos sobre Filgueira Valverde, creada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Ademais, desde o web de www.cultura.gal todo o mudo  pode acceder ao documental 'Contextualizando a Filgueira Valverde' que nos achega a través de conversas con amigos, familiares, investigadores e historiadores a esta figura e a relación coa súa época.

Comparte