Patrimonio: O CAMIÑO FERVE DE CULTURA

O CAMIÑO FERVE DE CULTURA

Música, maxia, novo circo, danza e teatro animan de novo as rutas xacobeas

Volve Cultura no Camiño! O atractivo das rutas xacobeas -polo seu valor patrimonial, paisaxístico e espiritual- vese reforzado con máis de 300 actuacións de maxia, novo circo, danza e teatro, en 93 concellos de Galicia. A cultura e a festa tamén fan camiño!

 

Ler máis

As melodías atlánticas de Xoel López, as propostas escénicas de Talía Teatro, MalasombraTeatro do Altántico ou Brinca Vai de Paco Nogueiras son algúns dos 138 grupos e artistas participantes, unha destacada escolma da actual produción escénica e musical galega, da que poderemos gozar a partir do 15 de abril, ata o 30 de setembro.

 

Para serdes partícipes deste xeito divertido de vivir o Camiño, non deixedes de consultar a Axenda de cultura.gal, onde atoparedes as 138 representacións de teatro e danza, as 80 actuacións musicais, as 55 de maxia e as 43 de novo circo desta programación.

Comparte