Patrimonio: CONSERVAR O PATRIMONIO. UNHA FORMA DE FACER EUROPA

CONSERVAR O PATRIMONIO. UNHA FORMA DE FACER EUROPA

Actuacións para protexer e recuperar os bens culturais

Galicia conta cun rico e diverso patrimonio cultural que debe ser preservado para as xeracións presentes e futuras. Os programas europeos contribúen a asegurar a súa salvagarda e a accesibilidade da cidadanía aos bens culturais.

 

Ler máis

A conservación do patrimonio cultural integra todo un conxunto de accións e medidas que protexen o patrimonio cultural, para asegurar que a cidadanía poida acceder a eles e consideralos parte da riqueza cultural colectiva. A conservación dos bens culturais pode ser preventiva, curativa ou destinada á restauración e rehabilitación. En todos os casos estas medidas e accións deben respectar o seu significado e as súas características físicas e patrimoniais.

O Programa Operativo Galicia FEDER 2014-2020, no que se enmarcan algunhas destas intervencións promovidas pola Dirección Xeral do Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, é unha estratexia rexional concertada para facer fronte aos principais retos do desenvolvemento económico de Galicia e para acelerar a converxencia coa Unión Europea. As actuacións de restauración e conservación desde este programa europeo son tan variadas como o é o noso patrimonio e están a permitir preservar e restaurar elementos patrimoniais singulares da Ribeira Sacra ; a muralla romana de Lugo ; a catedral de Ourense  e de Mondoñedo; ou ermidas e mosteiros como o de Sobrado dos Monxes e Oseira , entre outros. 

 

Para dar coñecer estas intervencións, cultura.gal habilitou un espazo no que se describen os traballos planificados no período 2014-2020 dentro do Programa Operativo Galicia FEDER http://www.cultura.gal/gl/actuacions-conservacion-patrimonio-cultural-programa-galicia-feder-2014-2020

Comparte