Patrimonio: ANO EUROPEO DO PATRIMONIO CULTURAL

ANO EUROPEO DO PATRIMONIO CULTURAL

Doce meses de actividades para poñer en valor o legado patrimonial

O 17 de maio de 2017, o Parlamento Europeo e o Consello da Unión Europea aprobaban declarar o Ano Europeo do Patrimonio Cultural 2018. Unha iniciativa que nace con tres obxectivos principais: fomentar o intercambio e a valoración do patrimonio cultural da rexión, sensibilizar sobre a historia e os valores comúns e reforzar o sentimento de pertenza á alianza de países.

Ler máis

Galicia súmase á celebración do Ano Europeo do Patrimonio Cultural. Faino baixo o lema Somos patrimonio e cunha programación impulsada pola Consellería de Cultura e Educación  de máis de 300 actividades que se artellan cada mes arredor dun aspecto do patrimonio material, inmaterial, natural e dixital da nosa terra.

Os Camiños de Santiago, a Ribeira Sacra e as Illas Cíes-Parque Nacional Illas Atlánticas son protagonistas dalgúns dos meses, xunto coa cultura popular e os patrimonios documental, artístico, arqueolóxico, científico, catedralicio e monástico. O patrimonio na escola e as iniciativas coa xuventude completan un calendario repleto de propostas para conmemorar o Ano Europeo do Patrimonio Cultural, unha oportunidade para poñer en valor o noso legado.

Comparte