Elízara, lugar onde non estiven

Catálogo da mostra do pintor lucense Xoán Guerreiro

Elízara, lugar onde non estiven é o catálogo da mostra que se expón na Casa da Parra do 20 ao 5 de abril de 2015.

A pintura figurativa de Guerreiro é a protagonista desta primeira exposición do ano da Casa da Parra, que está composta por un total de 44 obras, entre as que se inclúen 38 traballos en óleo de pequeno, mediano e gran formato, dous gravados e catro debuxos en grafito.