Equipamento: Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

A Biblioteca Pública de Santiago de Compostela Ánxel Casal nace por Orde ministerial do 16 de xuño de 1955. A través dela, o Estado aceptaba a concesión de balde do uso do andar baixo da casa n.º 4 e 5 da praza de Salvador Parga, co fin de instalar nela unha biblioteca pública.

Decídese asignar tal carácter á que ata entón era a Sección Popular da Biblioteca Universitaria, ao mesmo tempo que se crea un padroado para velar polo seu desenvolvemento.

Ler máis

O crecemento da cidade e as poucas posibilidades de expansión dos locais ocupados pola biblioteca levan a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e o Ministerio de Cultura a asinar, en xullo de 1995, un convenio para a construción dunha nova sé para a biblioteca.

O concurso para a redacción do proxecto de biblioteca, convocado en abril de 2001, gáñao a proposta asinada por Andrés Perea Ortega, con Roberto Medín. Tras varios anos de traballo, o edificio, construído nun terreo da avenida Xoán XXIII de 4.104 metros cadrados doado polo Concello de Santiago de Compostela, é finalmente entregado en 2008.

O Goberno galego, consciente da importancia e necesidade deste servizo para a capital de Galicia, completou o investimento do ministerio con fondos para a mellora do equipamento, para a compra de máis de 100.000 novos volumes para a biblioteca e cunha dotación de persoal que fará deste centro de lectura e información unha biblioteca de referencia para toda Galicia.

O novo edificio, cunha superficie de máis de 5.800 metros, distribuídos en oito andares (catro deles de uso público e os outros catro de uso interno) foi inaugurado o 28 de marzo do ano 2008. Desde a súa apertura, a biblioteca foi ampliando os servizos, equipamentos e actividades destinadas aos usuarios e usuarias, así como incrementando progresivamente o fondo da biblioteca e o número de socios.

Ficha técnica

Titularidade e xestión

O Estado é o titular destas instalacións, coa xestión transferida á Xunta de Galicia.

Servizos

  • Información xeral, bibliográfica e de referencia
  • Consulta e préstamo en sala
  • Préstamo a domicilio
  • Préstamo colectivo a entidades
  • Préstamo interbibliotecario
  • Préstamo de portátiles
  • Préstamo de e-readers e e-books
  • Biblioteca accesible (colección e equipamento adaptado ás persoas con discapacidades psíquicas e/ou físicas)
  • Reserva de salas (salas de traballo en grupo e salón de actos)
  • OPAC (catálogos automatizados) en liña
  • Acceso público a internet
  • Ordenadores de ofimática e consulta de recursos electrónicos
  • Conexión wifi
  • Servizo de reprografía, scanner e impresora públicas
  • Formación de usuarios
  • Visitas guiadas
  • Actividades de animación á lectura, dinamización cultural, obradoiros, cursos etc.

Acceso ás instalacións

Libre

Espazos

  • Andar baixo: hemeroteca con 26 postos, sección de fondo local con 7 postos, bedeteca con 31 postos e zona de consulta de internet con 33 postos (97 postos de lectura/consulta)
  • Sala infantil (1º andar) con 100 postos de lectura, 6 de visionado e 1 de audición (107)
  • Sala de lectura e medios audiovisuais (2º andar) con 48 postos de lectura, 11 de visionado e 2 de audición (61 postos)
  • Sala de lectura, estudo e investigación (3º andar) con 178 postos
  • Aulas
  • Salón de actos

Contidos do equipamento:

Hemeroteca

  • Superficie en metros cadrados: 190
  • Número de publicacións: 1.103
  • Títulos xornais: 24 en curso e 3 pechados
  • Títulos revistas: 122 en curso e 954 pechados

Fondo Local

  • Superficie en metros cadrados: 190 (compartidos coa hemeroteca)
  • Número de volumes: 2.176

Bedeteca

  • Superficie en metros cadrados: 165
  • Número de volumes: 5.722

Sala infantil-xuvenil

  • Superficie en metros cadrados: 531
  • Número de volumes: 1.5780

Sala de lectura e medios audiovisuais

  • Superficie en metros cadrados: 812
  • Número de volumes: 34.807

Sala de lectura, estudo e investigación

  • Superficie en metros cadrados: 965
  • Número de volumes: 20.198

Salón de actos

  • Superficie en metros cadrados: 115
  • Capacidade: 70 persoas sentadas

Outro equipamento:

  • 16 OPAC
  • 38 ordenadores para consulta de internet
  • 23 ordenadores portátiles para formación de usuarios
  • 18 netbook para préstamo
  • 39 e-readers
  • 3 ordenadores para traballos de ofimática
  • 2 ordenadores de consulta de recursos electrónicos

Datos de contacto

Dirección: Avda. de Xoán XXIII, s/n - 15704 Santiago de Compostela

Teléfono: 881 999 401

e-mail: biblio.publica.santiago@xunta.gal

Responsable: Carina Fernández Faya

Directora

e-mail: direccionbps@xunta.es

Luns a venres: de 8:30 a 21:00 h.

Sábados: 10:00 a 14:00 h. Os sábados o préstamo remata ás 13:45 h.

Horario de verán (Xullo e Agosto)

Luns a venres: de 8:30 a 14:30 h. O préstamo remata ás 14.15 h.

Sábados pechado.

Días que a Biblioteca non abre (2014):

1 e 6 de xaneiro, 17 e 18 de abril, 1, 17 e 29 de maio, 24 de xuño, 25 de xullo, 15 de agosto, 1 de novembro, 6, 8, 24, 25 e 31 de decembro.

Comparte