Equipamento: Arquivo de Galicia

Arquivo de Galicia

O Arquivo de Galicia nace no ano 2010 como cabeceira e centro de referencia do Sistema de Arquivos de Galicia, con carácter intermedio e histórico (Decreto 207/2010,  do 19 de decembro). Como cabeceira do Sistema simboliza a unidade do patrimonio documental da Comunidade. Ten un papel fundamental na infraestrutura  que debe asegurar o mellor funcionamento da Administración Pública de Galicia, ligando  os seus fins aos conceptos de conservación permanente e de acceso aos documentos públicos.

Ler máis

Custodia os documentos producidos pola Xunta de Galicia e os órganos e entidades dela dependentes desde a súa creación (1982), que teñan un ámbito territorial superior a unha provincia,  así como os de calquera  organismo, institución ou entidade de ámbito autonómico, privado e público, que teña especial relevancia e sexan de conservación permanente polo seu valor histórico e cultural.

Ten a súa sede na Cidade da Cultura de Galicia, situada no monte Gaiás de Santiago de Compostela e proxectada polo arquitecto americano Peter Eisenman. O conxunto articúlase a través dunha trama de rúas, soportais, xardíns e prazas inspirada no casco histórico da cidade de Santiago de Compostela.

 

Ficha técnica

Titularidade e xestión

Depende organicamente da  Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria dende a publicación do Decreto 45/2012, do 19 de xaneiro.

 

Servizos

Sala de consulta e de lectura

Reprografía de documentos (fotocopia e dixitalización)

Espazo para exposicións

Biblioteca auxiliar de referencia

 

Acceso ás instalacións

Libre e gratuíto

 

Espazos

Conta coa sede da Cidade da Cultura e con outro local no polígono industrial do Tambre, integrado por dúas naves equipadas con andeis a dobre altura.

Metros lineais de andeis: 20.776,17

Metros cadrados dos depósitos: 3.389

Datos de contacto

Dirección: Edificio Biblioteca e Arquivo de Galicia. Cidade da Cultura. Monte Gaiás s/n 15707 Santiago de Compostela

Teléfono: 881 999 661

Fax: 881 999 740

e-mail: arquivogalicia.cultura@xunta.es

Responsable: Marina García Pita

directora do Arquivo e subdirectora xeral de Arquivos

Inverno: de luns a venres de 8:15 a 14:45 h

Verán (21 de xuño a 21 de setembro): de luns a venres de 9 a 14 h

Comparte