Equipamento: Arquivo do Reino de Galicia

Arquivo do Reino de Galicia

O Arquivo do Reino de Galicia créase no ano 1775 por Real Orde de El-rei Carlos III de 22 de outubro. A súa orixe remota está vencellada á da Real Audiencia de Galicia, institución creada polos Reis Católicos, e ás disposicións que Carlos V e a súa nai, dona Xohana, dan a principios do século XVI para que se conservasen os preitos e expedientes da Audiencia.

Ler máis

A súa sede actual é un edificio situado nos Xardíns de San Carlos, na Coruña, proxectado polo arquitecto coruñés Antonio Tenreiro. Anteriormente o Arquivo estivo emprazado no Pazo de Capitanía Xeneral e, entre 1936 e 1955, no soto do Pazo de Xustiza, sede da Audiencia Territorial na mesma cidade.

É no século XX cando o centro acada de xeito nidio a súa función de Arquivo Histórico de Galicia.

Ficha técnica

Titularidade e xestión

O Ministerio de Cultura é o titular do Arquivo, xestionado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Servizos

  • Biblioteca especializada en Historia, Arquivística, Dereito e Ciencias sociais
  • Unha sala de exposicións
  • Unha aula
  • Un salón de actos con 42 postos
  • Servizo de lectura de microformas
  • Sala de consulta e de lectura
  • Reprografía de documentos
  • Dixitalización de documentos
  • Lector de arquivos dixitais -os fondos dixitalizados poden ser consultados nos ordenadores-
  • Sala de ordenadores cun OPAC para a consulta de fondos polos usuarios

Acceso ás instalacións

Libre

Espazos

  • Metros lineais de andeis: 24.069
  • Superficie en metros cadrados: 6.439
  • Número de postos: 22, correspondentes á sala de consulta e a biblioteca auxiliar

Datos de contacto

Dirección: Xardín de San Carlos, s/n – 15001 A Coruña

Teléfono: 981 209 251

Teléfono: 981 200 389

Fax: 981 227 094

e-mail: arq.reino.galicia@xunta.es

Responsable: Mª Carmen Prieto Ramos

directora

Aberto ao público de luns a venres, entre as 8:30 e as 20:30h.

Nos meses de xullo e agosto, luns a venres de 8:30 a 19:30h.

As instalacións permanecen pechadas os festivos nacionais e os días: 17 de maio, 25 de xullo, martes de Entroido e 7 de outubro.

Comparte