Equipamento: Arquivo Territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra
Arquivo Territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra
O Arquivo Territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra é o último arquivo da administración autonómica, creado para recibir os documentos da administración periférica, en incorporarse ao subsistema de arquivos da Xunta de Galicia.
Depende organicamente da Delegación Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra e funcionalmente da Subdirección Xeral de Arquivos da Secretaría Xeral de Cultura. Actúa como un servizo común a todas as delegacións territoriais para recoller os documentos dos distintos departamentos da administración periférica.
O edificio
Ten a súa sede na planta -1 do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Pontevedra. Está formado por tres áreas ben diferenciadas: un depósito dividido en catro sectores, unha oficina de 17 m2 e unha sala de recepción e descrición de documentación, cunha superficie de 30 m2.
O depósito consta de 4 sectores diferenciados cada un deles por unha cor: o primeiro de cor amarela, o segundo de cor azul, o terceiro verde e o cuarto vermello, cunha superficie de 1046,80 m2, o que supón unha capacidade total aproximada de 12 km de estantes tipo compactus.
O edificio institucional foi inaugurado no ano 2008 polo presidente da Xunta de Galicia, naquel momento Emilio Pérez Touriño. Está formado por dous bloques unidos por unha base común. Foi deseñado polo Premio Nacional de Arquitectura, Manuel Gallego, e por Jacobo Rodríguez Losada.
Funcións
O Arquivo Intermedio é a unidade encargada de recoller, custodiar, organizar e servir a documentación producida polos diferentes departamentos territoriais, como parte integrante do Subsistema de Arquivos da Xunta de Galicia.
Unha vez transcorridos os prazos establecidos nas táboas de valoración ou no seu defecto na lexislación aplicable, transferirá as series documentais ao Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra.
Datos de contacto
Dirección: Rúa Fernández Ladreda 43, planta -1 36003 Pontevedra
Teléfono: 986 20 66 17
e-mail: arquivo.cultura.pontevedra@xunta.es
Responsable: Alfonso Cascudo Rasilla
Xefe de Sección
Dirección: 986 20 66 17
Inverno: de luns a venres de 8:00 a 15:00 h
Verán (21 de xuño a 21 de setembro): de luns a venres de 8:30 a 14:30 h