Equipamento: Arquivo central da Consellería de Cultura, Educación e O.U.

Arquivo central da Consellería de Cultura, Educación e O.U.

Créase  oficialmente no ano 2006 para acoller os fondos producidos polas oficinas da daquela denominada Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, se ben xa levaba anos recollendo a documentación das distintas denominacións da consellería con responsabilidade en materia de Cultura, o que o levou non só a contar con documentación cultural, senón tamén doutras ramas administrativas como foron benestar social, turismo ou comunicación. Hoxe en día custodia a documentación producida polos servizos e oficinas que desenvolven a  función Cultura dentro desta consellería.

Ler máis

Sede
A súa sede sitúase nos baixos do Bloque 3 do edificio administrativo de San Caetano en Santiago de Compostela. O inmoble foi construído a primeiros do século XX para albergar edificios universitarios; pero mudou o seu uso para cuartel de artillería e máis tarde para instituto de ensino. Coa creación dos órganos de goberno autonómicos pasa a ser, no ano 1986, a sede central do Goberno galego e, en consecuencia, a de varias consellerías entre as que estaba a de Cultura.

Titularidade
A Xunta de Galicia ostenta a titularidade do arquivo en todos os seus aspectos (edificio, fondos e persoal).

O arquivo depende funcionalmente da Subdirección Xeral de Arquivos dentro da Secretaría Xeral de Cultura e, orgánicamente, da Subdirección Xeral de Xestión e Coordinación Cultural, dentro da Secretaría Xeral Técnica.

Servizos
Basicamente o arquivo presta os servizos de:

  • orientación e formación do persoal administrativo nas tarefas de arquivo de documentación nas oficinas.
  • buscas e préstamos cara ás unidades produtoras.
  • buscas xerais para todas as unidades.
  • atención a usuarios externos nas condicións que a lexislación determina (procedementos pechados a persoas con interese lexítimo e previa autorización da Secretaría Xeral Técnica).

Acceso as instalacións
Acceso libre, coas restricións legais oportunas.

Espazos
O arquivo conta con tres depósitos de documentación e un despacho de traballo.

Metros liñais: 714

Superficie total das instalacións: 400 m2

 

 

Datos de contacto

Dirección: Edificio Administrativo da Xunta de Galicia. Bloque 3 San Caetano 15781 Santiago de Compostela

Teléfono: 981957573

e-mail: arquivo.cultura.sc@xunta.es

Responsable: Antonio Fernández Domínguez

Técnico Superior de arquivos

De luns a venres de 8.00 a 15.00 horas.

Comparte