Equipamento: Arquivo de Galicia
Arquivo de Galicia
O Arquivo de Galicia nace no ano 2010 como cabeceira e centro de referencia do Sistema de Arquivos de Galicia, con carácter intermedio e histórico (Decreto 207/2010, do 19 de decembro). Como cabeceira do Sistema simboliza a unidade do patrimonio documental da Comunidade. Ten un papel fundamental na infraestrutura que debe asegurar o mellor funcionamento da Administración Pública de Galicia, ligando os seus fins aos conceptos de conservación permanente e de acceso aos documentos públicos.
Custodia os documentos producidos pola Xunta de Galicia e os órganos e entidades dela dependentes desde a súa creación (1982), que teñan un ámbito territorial superior a unha provincia, así como os de calquera organismo, institución ou entidade de ámbito autonómico, privado e público, que teña especial relevancia e sexan de conservación permanente polo seu valor histórico e cultural.
Ten a súa sede na Cidade da Cultura de Galicia, situada no monte Gaiás de Santiago de Compostela e proxectada polo arquitecto americano Peter Eisenman. O conxunto articúlase a través dunha trama de rúas, soportais, xardíns e prazas inspirada no casco histórico da cidade de Santiago de Compostela.
Titularidade e xestión
Depende organicamente da Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria dende a publicación do Decreto 45/2012, do 19 de xaneiro.
Servizos
Sala de consulta e de lectura
Reprografía de documentos (fotocopia e dixitalización)
Espazo para exposicións
Biblioteca auxiliar de referencia
Acceso ás instalacións
Libre e gratuíto
Espazos
Conta coa sede da Cidade da Cultura e con outro local no polígono industrial do Tambre, integrado por dúas naves equipadas con andeis a dobre altura.
Metros lineais de andeis: 20.776,17
Metros cadrados dos depósitos: 3.389
Datos de contacto
Dirección: Edificio Biblioteca e Arquivo de Galicia. Cidade da Cultura. Monte Gaiás s/n 15707 Santiago de Compostela
Teléfono: 881 999 661
Fax: 881 999 740
e-mail: arquivogalicia.cultura@xunta.es
Web: Arquivo de Galicia
Web: Arquivos de Galicia
Responsable: Marina García Pita
directora do Arquivo e subdirectora xeral de Arquivos
Inverno: de luns a venres de 8:15 a 14:45 h
Verán (21 de xuño a 21 de setembro): de luns a venres de 9 a 14 h