Equipamento: Arquivo Histórico Provincial de Lugo
![](/sites/default/files/menu_icons_sxcultura/menu_icon_3024.png)
Arquivo Histórico Provincial de Lugo
O Arquivo Histórico Provincial de Lugo créase no ano 1951 por orde do Ministerio de Educación Nacional. Non contou cun edificio de seu ata o ano 1988. A sede actual conta con seis andares, con capacidade para 20.000 metros lineais de andeis. Entre os seus fondos figuran protocolos notariais do distrito de Lugo, o arquivo municipal da capital e as contadurías de hipotecas da cidade. Ademais recolle, custodia e serve a documentación que pode ser consultada polas administracións, investigadores e cidadáns.
Contidos do equipamento:
Dispón de fondos
- Arquivísticos
- Bibliográficos
- Cartográficos
- Fondos especiais
- Fondos de arquivo de imaxes
O arquivo custodia documentación procedente da Administración periférica do Estado, goberno civil, delegacións provinciais de Agricultura, Cultura, Educación, Estatística, etc.
Documentación do Poder Xudicial, correspondentes á Audiencia Provincial de Lugo, o Criminal de Mondoñedo e o Xulgado de Primeira Instancia e instrución nº 1 da capital.
Documentación histórica da Xefatura Provincial do Movemento, os da Sección Femenina e os da Comisaría de Abastecementos e Transportes.
Os fondos do arquivo inclúen documentación de orixe privada conseguida por compra, donación ou depósito, como a relacionada co Casino de Lugo, o Conde de Pallares, a colección Figueras ou a colección Cancio–Dolembún, entre outros.
Conta asemade con protocolos centenarios da provincia e fondos das institucións rexistrais do Concello de Lugo.
Titularidade e xestión
O Ministerio de Cultura é o titular deste arquivo, que está xestionado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Servizos
- Sala de exposicións
- Salón de actos, con 49 prazas
- Servizo de lectura de microformas
- Sala de consulta e de lectura, con 18 prazas
- Reprografía de documentos, con 3 fotocopiadoras
Acceso ás instalacións
Libre
Espazos
- Metros lineais de andeis: 20.000
- Superficie en metros cadrados: 4.197
Datos de contacto
Dirección: Rúa Cambria, s/n. - 27002 Lugo
Teléfono: 982 227 956
Fax: 982 225 806
e-mail: arq.historico.prov.lugo@xunta.es
e-mail: ahp.lugo.informacion@xunta.es
Responsable: Dolores Pereira Oliveira
Directora
e-mail: ahp.lugo.direccion@xunta.es
Atención ao público de luns a venres, entre as 8:30 e as 20:00 horas.
O Arquivo permanece pechado durante os festivos nacionais, autonómicos -17 de maio e 25 de xullo- e locais -martes de Entroido e 5 de outubro-.