Evento: Sempre Máis. Arte, ecoloxía e protesta na Galiza do Prestige

Sempre Máis. Arte, ecoloxía e protesta na Galiza do Prestige
martes, 24 xaneiro, 2023 a domingo, 21 maio, 2023
Avenida do Burgo das Nacións,
Santiago de Compostela

Sempre Máis. Arte, ecoloxía e protesta na Galiza do Prestige

A exposición, producida polo Auditorio a partir da iniciativa da asociación Unha Gran Burla Negra, está comisariada por Germán López Labrador.

'Sempre Máis. Arte, ecoloxía e protesta na Galiza do Prestige' reivindica os vinte anos do aniversario do afundimento do petroleiro, poñendo o foco na memoria, a creatividade, e as protestas para reflexionar sobre a necesidade hoxe de seguir xuntando a defensa da democracia e a da ecoloxía. Un traballo que parte dos fondos do Arquivo Vivo da Asociación Cultural Unha Gran Burla Negra.
Máis de 150 pezas entre pancartas, carteis de protesta, fotografías, obxectos intervidos, pinturas ou vídeos ás que se suma material documental que dá conta das continuidades da linguaxe estética da loita política e ecolóxica que aínda perviven hoxe.

Máis eventos de tipo Exposición

Homenaxe a Gustav Henningsen
20 de decembro a 29 de decembro
San Domingos de Bonaval s/n
O acibeche no mundo antigo. Unha aproximación dende o Castro de Viladonga.
9 de febreiro a 31 de decembro
Museo do Castro de Viladonga