Evento: Homenaxe a Gustav Henningsen

Homenaxe a Gustav Henningsen
mércores, 20 decembro, 2023 a domingo, 29 decembro, 2024
San Domingos de Bonaval s/n,
Santiago de Compostela

Homenaxe a Gustav Henningsen

Homenaxe ao antropólogo e folclorista Gustav Henningsen (Slagelse, 1934 – Lyngby, 2023). Dentro do percorrido do Museo se poderá ver unha pequena selección das súas imaxes. 

Fotografías custodiadas no Museo do Pobo Galego grazas á xenerosidade do antropólogo e a súa muller, Marisa Rey, quen en 2019 donou ao Museo o seu Fondo Fotográfico (1965-98) (Fondo Fotográfico Rey-Henningsen. Arquivo Gráfico do Museo do Pobo Galego). Xa antes, en 2009, tiñan donado ás gravacións sonoras ao ILG e no 2020, o seu fondo bibliográfico e documental á Universidad Pública de Navarra.
Henningsen percorreu Galicia fotografiando  cotiá, aquelo que ata entón ninguén tiña plasmado. O inmenso valor das suas fotografías débese a que son imaxes sacadas por un antropólogo, non por un fotógrafo profesional, polo que o punto focal non estaba tanto na iaxe se non nos comportamentos sociais que había nelas.
Nesta selección que agora realizamos, a partires da primeira exposición que elaboraros cos seus materiais, Galicia Mágica I: Reportaxe de un mundo desaparecido, non faltan as tiras fotográficas sobre crenzas e relixiosidade popular galega, dous aspectos que ninguén retratara como Henningsen. 
 

Máis eventos de tipo Exposición

O acibeche no mundo antigo. Unha aproximación dende o Castro de Viladonga.
9 de febreiro a 31 de decembro
Museo do Castro de Viladonga
Antón Lamazares. Inda é día
24 de febreiro a 1 de setembro
Centro Galego de Arte Contemporánea