Evento: Ariel Rot

Ariel Rot
venres, 26 maio, 2023 - 22:00
Garufa Club,
A Coruña

Ariel Rot

Concerto de pop rock.

O cantante e guitarrista Ariel Rot, membro de Tequila e Los Rodriguez, cunha dilatada carreira en solitario ofrecerá dous concertos en Galicia na súa xira de celebración dos 25 anos do seu xenial disco «Hablando Solo» que publicou tras a disolución e Los Rodríguez. Os concertos terán lugar na sala Garufa da Coruña o 26 de maio e na sala Rouge de Vigo o día 27 de maio. Para a ocasión Ariel volve xuntar á banda que lle acompañaba hai 25 anos con Tito Davila, Ricardo Marín, Pablo Serrano e Jacob Reguilón.

Ariel Rot é considerado como un dos mellores guitarristas de rock e blues, ademais de cantante e compositor. Nacido en Buenos Aires en 1960 trasladouse a Madrid coa súa familia en 1976 onde fundou ese mesmo ano o grupo Tequila xunto a Afasto Stivel e Julián Infante que revolucionaron eses anos en España. Tras a súa disolución en 1983 publica o seu primeiro disco en solitario «Debaixo do Puente», xuntándose anos despois con Andrés Calamaro, Julián Infante e Germán Vilella para fundar en 1990 os exitosos Los Rodríguez, que estiveron activos ata o ano 1996. En 1997 continúa cunha gran carreira en solitario que continúa na actualidade.

  • Ariel Rot - Nada es perfecto para siempre

Máis eventos de tipo Concerto

Real Filharmonía de Galicia-Ecos Sinfónicos
10 de outubro
Avenida do Burgo das Nacións
Candlelight: Tributo a Coldplay
12 de outubro
Campillo de San Francisco, 3
Candlelight: Lo mejor de ABBA
12 de outubro
Campillo de San Francisco, 3