Evento: O gram senhora. Unha misa para as freiras do mosteiro de Arouca

O gram senhora. Unha misa para as freiras do mosteiro de Arouca
xoves, 25 abril, 2024 a mércores, 25 decembro, 2024
Rúa de San Roque,
Santiago de Compostela

O gram senhora. Unha misa para as freiras do mosteiro de Arouca

Concerto enmarcado no Ciclo "De Lugares e Órganos". *Ars Lusitana* Maria Bayley, soprano e dirección Teresa Duarte, soprano Maria de Fátima Nunes, alto Joana Bessa Almeida, baixo André Ferreira, órgano  

O conxunto Ars Lusitana, dirixido pola cantante e arpista Maria Bayley, dedica o seu traballo á investigación e recuperación do patrimonio musical portugués. 
O programa deste concerto está centrado na música renacentista procedente de conventos femininos, en particular na misa O gram senhora, recollida nun manuscrito conservado no Museo de Arte Sacra de Arouca (Portugal). Trátase dunha obra dedicada á Virxe, atribuída a un certo "Brasil", compositor do que non se coñecen datos biográficos, e baseada nunha peza devocional do mesmo título que non se conserva. O programa propón, ademais, a reconstrución dunha práctica perdida, a interpretación dunha misa a catro voces, na que as tres partes superiores son cantadas e a parte inferior é tocada polo baixón, instrumento antecedente do fagot.
Ademais, o programa aborda, a xeito de recreación litúrxica, outras obras dos repertorios de canto chan e polifónico portugués da mesma época, e obras para órgano do repertorio ibérico do século XVI.
 

Máis eventos de tipo Concerto

Ves como sabes?
22 de decembro
Auditorio Manuel María
As máis molonas de Pakolas
23 de decembro
Biblioteca Pública de Ourense
Consertasso na horta
23 de decembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Ves como sabes?
23 de decembro
Auditorio Lois Tobío