Evento: Festas de San Xoán 2024-Praza de Mazarelos
Festas de San Xoán 2024-Praza de Mazarelos
Coincidindo coas Festas de San Xoán, que enchen a cidade de vistosas e máxicas cacharelas, a Praza de Mazarelos acolle diversidade de actividades, obradoiros e actuacións para a posta en valor dos ritos e tradicións galegas desta época do ano, marcada polo solsticio de verán. Ademais, haberá paseos pola senda fluvial do Sar para recollida das herbas de San Xoán.
23 DE XUÑO
MAÑÁ e TARDE
ESPAZO PALLEIRO para peques + PHOTOCALL + AUGA MÁXICA + PUNTO DE INFORMACIÓN DAS CACHARELAS
MAÑÁ
- 10.00h-13.00h Pasarrúas de A.C. Argalleiros e A.C. Pena Maior de Marrozos
- 11.00h Obradoiro de chaveiros e colgantes de arxila con plantas secas INSCRICIÓN AQUÍ
- 12.00h Obradoiro de percusión con culleres e canto INSCRICIÓN AQUÍ
- 12.00h Obradoiro de vasoiriñas máxicas de xesta INSCRICIÓN AQUÍ
- 13.00h Obradoiro de herbas de San Xoán INSCRICIÓN AQUÍ
- 13.00h Obradoiro de baile galego INSCRICIÓN AQUÍ
TARDE
- 16.00h-19.00h Pasarrúas de A.C. Argalleiros e A.C. Pena Maior de Marrozos 17.00h Obradoiro de chaveiros e colgantes de arxila con plantas secas
- 17.00h Obradoiro de pandeireta e percusións INSCRICIÓN AQUÍ
- 18.00h Obradoiro de baile galego INSCRICIÓN AQUÍ
- 18.00h Obradoiro de herbas de San Xoán INSCRICIÓN AQUÍ
- 18.00h Obradoiro de vasoiriñas máxicas de xesta INSCRICIÓN AQUÍ
- 18.30h Obradoiro de herbas de San Xoán INSCRICIÓN AQUÍ
- 19.00h Obradoiro de xogos con música INSCRICIÓN AQUÍ
- 19.00h Obradoiro de herbas de San Xoán INSCRICIÓN AQUÍ
- 19.30h-21.30h “Colle e vai” de herbas de San Xoán
- 20.30h Noite Máxica co Mago Marco
- 21.30h Actuación de Cantigas e Agarimos
- 22.00h Conxuro + degustación de Queimada
- 22.15h Foliada aberta con Cantigas e Agarimos
PASEOS BOTÁNICOS*Recollida de herbas de San Xoán 10.00h-11.30h / 16.00h-17.30hPunto de encontro: Ponte do SarPercorrido: Senda do río Sar - Restollal*Reserva previa recomendada INSCRICIÓN AQUÍ
Actividades gratuítas, abertas a público local e visitantes, de 0 a 99 anos.
Máis eventos de tipo Festa/Feira popular

