Evento: Entre presenzas e ausencias

Entre presenzas e ausencias
luns, 4 setembro, 2023 a venres, 29 setembro, 2023
Rúa de Carlos Maside,
Santiago de Compostela

Entre presenzas e ausencias

A exposición artística Entre Presenzas e ausencias está composta por obras realizadas por enfermos de Alzhéimer en fase moderada-avanzada, os seus coidadores e ex-coidadores.

Con motivo da celebración do mes do Alzhéimer, coa conmemoración do seu día mundial o vindeiro 21 de setembro, organízase a mostra artística Entre presenzas e ausencias, comisariada pola artista Beatriz S. Saá
A exposición está composta por máis de setenta obras realizadas por enfermos de Alzhéimer en fase moderada-avanzada, e os seus coidadores e excoidadores, no programa de didáctica artística CoidArte, deseñado e implementado pola artista e docente Beatriz S. Saá, fai uns meses. Froito da súa investigación na área da arte e saúde e feitos en colaboración con AGADEA (Asociación Galega de Axuda aos Enfermos con Demencia Tipo Alzhéimer). Esta mostra faise coa intención de desestigmatizar e dar visibilidade a importante labor que os coidadores realizan a diario en relación á enfermidade de Alzhéimer, na que os doentes, xa en fases avanzadas, dependen por completo destas figuras. 

Máis eventos de tipo Exposición

XVIII Premio de Novela Casino de Santiago
2 de xullo a 30 de abril
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Ribadavia no seu patrimonio relixioso
23 de xullo a 20 de abril
Museo Etnolóxico de Ribadavia
Historias dun lugar
19 de setembro a 30 de marzo
San Domingos de Bonaval s/n
Mandala (Arc en ciel)
18 de outubro a 7 de setembro
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5