Evento: Antón Lamazares. Inda é día

Antón Lamazares. Inda é día
sábado, 24 febreiro, 2024 a domingo, 1 setembro, 2024
Centro Galego de Arte Contemporánea,
Santiago de Compostela

Antón Lamazares. Inda é día

A visión máis completa e abranguente da obra dun artista tórnase posible cando temos ocasión de examinar a súa produción artística ao longo da súa carreira. Unha oportunidade de viaxar no tempo, tendo como hori...

Acceder á obra de Antón Lamazares (Maceira, Lalín, Pontevedra, 1954) co designio de albiscar cincuenta anos de dedicación, investigación, estudo e desenvolvemento dun traballo é un momento moi especial, porque nos permite achegarnos á obra dunha das figuras máis senlleiras no contexto artístico de Galicia, de España, e en constante relación co mundo. A súa ávida curiosidade fixo que diferentes xeografías lle servisen para aliñar intencións e propósitos que axudaron a conformar a súa obra.

Revisitar é redescubrir, é volver ao principio, iluminar de novo e facer resplandecer o propósito que animou o primeiro momento. As capas do tempo súmanse ás obras e explícanas, ofrecéndonos unha observación renovada que permite unha valoración máis depurada.

Esta exposición é un acontecemento que, sen dúbida, vai propiciar unha apreciación actualizada da orixinalidade da obra de Antón Lamazares. Achegarse ao seu traballo é experimentar o silencio, formar parte dunha constelación marabillosa que nos brinda estados de contemplación e intensifica o gozo. O seu Alfabeto Delfín encerra unha clarividencia, unha audaz contribución que nos convoca á proximidade das formas puras, do debuxo que sustenta a palabra, do rexistro que se consolida en materia e nos devolve gozo. O encontro que se nos permite co excelso provén da prerrogativa de poder convivir, gozar e contemplar a obra de Lamazares, que é o resultado da sabedoría e a grandeza de saber rescatar a humildade, a sinxeleza, o vigor, a coraxe, o corazón, o amor, a morte, a plenitude... nun universo de verdade e silencio.

Máis eventos de tipo Exposición

Homenaxe a Gustav Henningsen
20 de decembro a 29 de decembro
San Domingos de Bonaval s/n
O acibeche no mundo antigo. Unha aproximación dende o Castro de Viladonga.
9 de febreiro a 31 de decembro
Museo do Castro de Viladonga