Evento: Compostela canta "Grândola, Vila Morena"
Compostela canta "Grândola, Vila Morena"
Á entrada do Auditorio de Galicia, unha placa conmemorativa indica: “O 10 de maio de 1972 no Burgo das Nacións, que ocupaba estes terreos, cantouse por vez primeira o ‘Grândola, Vila Morena’ himno da liberdade, a fraternidade e a igualdade". Aquela canción que Zeca Afonso estreou nun concerto promovido polo estudantado da USC acabaría por se converter nun dos símbolos máis poderosos da Revolução dos Cravos, ficando para sempre na memoria colectiva.
Neste 25 de abril, cando se fan 50 anos daquel movemento que puxo fin á ditadura salazarista, o Auditorio de Galicia fai un chamamento á cidadanía a participar no canto colectivo do 'Grândola,Vila Morena, e render así unha homenaxe á sociedade portuguesa e ao papel da música na loita fronte ás opresións.
+INFO
Máis eventos de tipo Concerto