Evento: Loop Station

Loop Station
sábado, 3 agosto, 2024 - 21:00
Praza de Sta. María,
Vilalba

Loop Station

Espectáculo de Música a cargo de Catuxa Salom

Catuxa Salom é unha artista galega de raíces arxentinas e unha das voces máis destacadas do movemento folk-electrónico do momento. En 2022 publica o seu disco revelación Nunha aldea, un EP de debut producido por Marcos Bayón en Prasat Bayon Studio, que reflicte en cada canción un universo sonoro que vai da música tradicional galega aos ritmos latinos. Un disco envolto por unha atmosfera tribal que convida ao baile e nos conecta co noso lado máis puro e salvaxe. De Aimogasta ás montañas de Lugo, Catuxa Salom crea un lugar onde o fogar e o amor pola natureza están moi presentes.

Neste concerto en solitaria, Catuxa Salom acompáñase da súa guitarra e unha loop station. 

Outras datas

Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño

Con ciencia Malabar
7 de agosto, 20:00
Paseo do Malecón - Sarria - Lugo
Peque disco Moc Moc
7 de agosto, 22:00
Aira de arriba - Baños de Molgas - Ourense
Hocus Pocus
9 de agosto, 11:00
CEIP Pío Cabanillas Gallas - Dozón - Pontevedra
Da imaxinación á realidade
9 de agosto, 12:00
Campo da festa de Urdilde - Rois - A Coruña