Evento: Peza do mes: Instrumentos de medición

  • Portada da publicación da Peza do Mes de maio do Museo Arqueolóxico de Ourense
Peza do mes: Instrumentos de medición
mércores, 1 maio, 2024 a venres, 31 maio, 2024
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense,
Ourense

Peza do mes: Instrumentos de medición

Presentación e publicación virtual mensual para afondar no coñecemento dos fondos do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.

A presentación pública terá lugar o 8 de maio na sala de exposicións "Escolma de escultura", con entrada libre.

Como cada mes, o Museo escolle algunha peza de entre os seus fondos para ser tratada de xeito pormenorizado e darlle maior visibilidade, afondando no seu contexto e características, datas, etc., e reforzar así o seu valor. Neste caso, no canto de pezas das coleccións máis numerosas, como, sobre todo, as arqueolóxicas ou de belas artes, os almacéns do Museo Arqueolóxico custodian moitas outras pezas de varias artes decorativas, así como mobles, documentos, debuxos ou fotografías. Para esta peza do mes seleccionan un pequeno conxunto de instrumentos de medición de grande interese.

A primeira peza é unha caixa de latón (Nº de inv. CE000707) con tapa. Trátase dunha peza interesantísima, xa que é unha caixa para gardar tabaco, de orixe flamenga, empregada polos Mariñeiros, que polo seu tamaño, era para levar no peto. Está decorada, na parte superior, cuns gravados representando un calendario perpetuo e, na inferior, cunha táboa que serve para calcular a velocidade do barco.

O segundo instrumento é un “grafómetro de pínulas” (Nº de inv CE005041), utilizado para realizar medicións de ángulos en topografía.

E, por último, un reloxo de sereno en caixa de latón rexistrado co número CE005042.

 

De xeito máis pormenorizado trátase na publicación do mes de maio, e tratarase tamén na súa presentación pública do 8 de maio, para saber máis do funcionamento e  emprego destes instrumentos.

A publicación virtual sobre esta peza está dispoñible neste enlace do Museo Arqueolóxico de Ourense, nun estudo a cargo, neste caso, de María del Pilar Núñez Sánchez.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Peza do mes: Urna de Cameixa
1 de decembro a 31 de decembro
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
Actividades de inverno
10 de decembro a 28 de febreiro
Museo Provincial de Pontevedra
A cultura da saúde no entorno rural
27 de decembro
Museo Etnolóxico de Ribadavia
As listas de espera. Asistencia demorada, asistencia denegada
29 de xaneiro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal