Evento: Actividades de inverno
Actividades de inverno
martes, 10 decembro, 2024 a venres, 28 febreiro, 2025
Museo Provincial de Pontevedra,
Pontevedra Actividades de inverno
O museo de Pontevedra presenta esta semana a programación de inverno, para os meses de decembro, xaneiro e febreiro. Haberá obradoiros para público infantil e familiar e para persoas adultas, espectáculos, concertos, proxeccións, conferencias... Nas datas de nadal o museo ofrece actividades pensadas para toda a familia, e o 7 de xaneiro arrancan os actos do Ano Castelao, coincidindo co 75 cabodano do intelectual galeguista. O Museo custodia unha parte fundamental da súa obra artística, polo que esta conmemoración é moi importante.
Descargas
- Inverno no Museo de Pontevedra320.09 KB
Máis eventos de tipo Xornada/Congreso