Evento: Unha noite no muíño

Unha noite no muíño
venres, 16 agosto, 2024 - 11:00
CEIP Pío Cabanillas Gallas,
Dozón

Unha noite no muíño

Espectáculo de Teatro a cargo de Caxoto

Se unha tradición temos clara na nosa cultura é que non se remata ningún gran traballo sen celebralo por todo o alto. As vendimas, os fiandóns, a colleitas e sementes, a malla, ir ao muíño moer, ... eran todos traballos que conxugaban ao remate da xornada baile, música e festa rachada.

Neste espectáculo Caxoto fai un percorrido por esas tradicións, cóntannos como se adivertían as nosas avoas e avós e converte o escenario nun local de baile improvisado onde escoitaremos de muiñeiras, agarrados, pasodobres, ... ao son dos nosos instrumentos: gaita, pandeireta, acordeón, ... e quen sabe? ... cun pouco de sorte incluso aprendemos a bailar unha sinxela muiñeira.

Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño

Chuches Amil dúo
27 de xullo, 13:00
Adro de Santa María do Azougue - Betanzos - A Coruña
Café Dorothé (versión dúo)
27 de xullo, 17:00
Recinto Feiral do Trece .Sedes - Narón - A Coruña
Asdomare
27 de xullo, 20:00
Adro das Festas. Santa Cristina - Vilaboa - Pontevedra
Xira 2024
27 de xullo, 20:00
Praia Fluvial - Vilariño de Conso - Ourense