Evento: Transhumancia sonora
Transhumancia sonora
Transhumancia sonora
Espectáculo de Teatro a cargo de Paporrubio
Un grupo de simpáticos animais “cabezudos” formada por un porco, unha vaca e un burro e acompañados de dous músicos, representan en directo diferentes escenas dramáticas, cómicas e coreográficas nun percorrido de rúa.
Este grupo de animais fará unha viaxe de transhumancia no cambio de estación, cada un portará unha maletiña cas súas pertenzas persoais, pero na axitada partida confundirán as maletiñas o que lle traerá algún que outro contratempo. Daranse direntes gags baseados nas súas relacións de amizade, nas diferentes personalidades de cada e nos conflitos cómicos que se xeran no seu percorrido.
Ligazóns
Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño
2 de novembro, 19:00
Auditorio da Casa de Cultura - Cee - A Coruña
16 de novembro, 19:00
Auditorio Reveriano Soutullo - Ponteareas - Pontevedra
8 de decembro, 18:00
Auditorio Manuel María - O Carballiño - Ourense