Evento: Zugunruhe

Zugunruhe
sábado, 17 agosto, 2024 - 21:00
Parque fluvial do Río Freixeiro,
Narón

Zugunruhe

Espectáculo de Música a cargo de Pablo Sanmamed

Compositor, contrabaixista, director musical e produtor, Pablo Sanmamed sempre tivo moitas funcións mais, no corazón, de todo o que fai é ante todo un artista e un gran músico.

Sanmamed, que pasa por un período especialmente fértil de escritura, gravacións e recoñecemento, presentou no 2023 o seu terceiro album de estudo baixo o título de Zugunruhe: un comportamento ansioso que se dá nos animais migratorios aos que se lles impide migrar, especialmente nas aves. Este concepto motiva parte das composicións deste disco, como tamén o fai o seu antónimo, a quietude, ou a ausencia desa necesidade de movemento. Sorprende a incorporación do oboe e o corno inglés do reputado Benxamín Otero ao seu habitual trío de Jazz, conformado por Iago Mourinho ao piano e Bruno Couceiro á batería , para dar forma a un cuarteto que forxa un son comunitario inmersivo.

Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño

Almanaque musical
18 de agosto, 13:00
Praza Alcalde Antonio Losada Rojo - Monterroso - Lugo
Concerto
18 de agosto, 13:00
Alameda de Ordes - Ordes - A Coruña
Louband
18 de agosto, 14:00
Recinto Feiral - Castroverde - Lugo
Don Gelati
18 de agosto, 18:30
Lugar San Nicolás. O Buriz. - Guitiriz - Lugo