Evento: Obradoiro de teitado

  • Obradoiro de teitado tradicional no Cebreiro
Obradoiro de teitado
sábado, 18 maio, 2024 a domingo, 26 maio, 2024
Museo Etnográfico do Cebreiro,
Pedrafita do Cebreiro

Obradoiro de teitado

Recuperación do traballo e saberes tradicionais

No 2023, o Museo do Castro de Viladonga organizou no Cebreiro un obradoiro de escolmado de palla de centeo para teitar, impartido por José María Núñez, da Asociación Santo Grial.

Grazas ao éxito da iniciativa, este ano organízase, en dúas quendas diferentes, a continuación natural de aqueles traballos, o obradoiro para teitar de xeito tradicional con palla.

Estas son as datas e os horarios:

1ª quenda: 18 e 19 / 25 e 26 de maio
2ª quenda: 8 e 9 / 15 e 16 de xuño
9.00h-13.00h / 14.30h-18.30h

Para inscribirse é necesario chamar ao 982 870 160 

Máis eventos de tipo Obradoiro

Creamos o noso Pop Up
7 de outubro
Biblioteca Pública Municipal María José Ruso
Creación de monicreques de pau
9 de outubro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
“Estudar é + doado se sabes COMO” (5ª Sesión)
11 de outubro
Biblioteca Pública de Lugo
Broches e chaveiros para grandes lectoras e lectores
16 de outubro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal