Evento: Outras historias posibles

Outras historias posibles
martes, 28 maio, 2024 a domingo, 26 xaneiro, 2025
Lugar de la Ciudad de la Cultura,
Santiago de Compostela

Outras historias posibles

/*Outras historias posibles*/ reúne o traballo de seis artistas contemporáneas nadas na década dos 50 e vinculadas a Galicia nos seus camiños vitais e profesionais, cuxas traxectorias merece a pena revisar e c...

Outras historias posibles reúne o traballo de seis artistas contemporáneas nadas na década dos 50 e vinculadas a Galicia nos seus camiños vitais e profesionais, cuxas traxectorias merece a pena revisar e contextualizar para, como expresa o título do proxecto, xerar outras historias que completen as xa coñecidas. A mostra, comisariada pola investigadora e crítica de arte Susana Cendán, pon o foco en Ana García Pan, Emilia Guimeráns, Anne Heyvaert, Tusi Sandoval, Blanca Silva e Laura Terré, todas elas artistas que por méritos propios de dedicación e talento, despuntaron especialmente na década dos anos 80 do pasado século.
A mostra, preséntase, neste sentido, como unha guía que complementa o xa coñecido dentro do armazón social e artístico dos anos 80 do pasado século XX, un contexto non sempre favorable á creación artística protagonizada por mulleres. Pero máis aló do aspecto reivindicativo, Outras historias posibles pretende festexar, mostrar e compartir o talento dun grupo de artistas capaces de crear unha obra persoal, complexa e diversa, tanto formal como conceptualmente, e situala no lugar que lle corresponde dentro da historia da arte contemporánea.
 

Máis eventos de tipo Exposición

XVIII Premio de Novela Casino de Santiago
2 de xullo a 30 de abril
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Ribadavia no seu patrimonio relixioso
23 de xullo a 20 de abril
Museo Etnolóxico de Ribadavia
Historias dun lugar
19 de setembro a 30 de marzo
San Domingos de Bonaval s/n
Mandala (Arc en ciel)
18 de outubro a 7 de setembro
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5