Evento: I CONCURSO FOTOGRÁFICO KÓSIMA LLAMAS

I CONCURSO FOTOGRÁFICO KÓSIMA LLAMAS
sábado, 1 xuño, 2024 a venres, 27 setembro, 2024
Biblioteca Pública de Lugo,
Lugo

I CONCURSO FOTOGRÁFICO KÓSIMA LLAMAS

Bases

I CONCURSO FOTOGRÁFICO KÓSIMA LLAMAS

1. TEMA E FINALIDADE:

Co título do concurso “Un instante singular” e, facendo referencia ao magnífico Cartier Bresson, animamos a todas as persoas interesadas na fotografía para captar eses momentos únicos que nos cativan e que adoitan permanecer escondidos, pasando desapercibidos na nosa veloz vida cotiá.

A idea é ollar a nosa realidade de forma lenta, permitíndonos percibir o detalle, o insólito, o curioso, o pequeno ou o grande, o que pasa desapercibido ou o que nos asombra, o que sucede ao noso arredor, o que acontece e que, por fugaz, poucas veces apreciamos: A REALIDADE.

2. A QUÉN VAI DIRIXIDO:

Para público en xeral

3. REQUISITOS:

Ser maior de idade, galego/a ou residente en Galicia.

Non se admitirán imaxes de montaxes, nin de manipulación dixital.

As obras deben de ser orixinais, inéditas e recentes. As fotografías non deberán ter sido presentadas con anterioridade nin ter sido premiadas noutras convocatorias. A difusión e/ou reprodución no marco do concurso non poderá lesionar a terceiros, asumindo persoalmente o autor ou autora calquera responsabilidade que puidese derivarse.

A participación presupón que os/as autores/as son os titulares dos dereitos de propiedade intelectual sobre as obras presentadas ao concurso e non cederon os dereitos destas a terceiros e ostentan en exclusividade os dereitos de autoría da imaxe, polo que queda eximida a organización do concurso de calquera conflito de publicación ou utilización das obras presentadas e dos que puidesen derivarse.

4. FORMA DE PRESENTACIÓN:

As obras presentadas deben gardar o anonimato do seu autor/a e presentaranse baixo pseudónimo identificativo.

Deberásn presentarse montadas sobre paspartú ou soporte ríxido de calidade que permita a adecuada exposición da fotografía en caso de selección.

Formato 20x27 cm ou 20x30 cm. branco e negro ou cor.

Pola parte traseira da imaxe deberaeá facer constar: pseudónimo, título da obra, lugar e data de realización, así como técnica empregada.

Acompañaaseá a fotografía cun sobre pechado identificado co pseudónimo que incluirá:

  • Unha declaración asinada conforme a aceptación das presentes bases, de que a obra que se presenta a concurso é inédita e non foi premiada e que o autor ou autora ten, directa ou indirectamente, a libre disposición de todos os dereitos de explotación nas súas diferentes modalidades sobre a obra.
  • Declaración de que a difusión e/ou reprodución da obra presentada non lesiona a terceiros, asumindo persoalmente calquera responsabilidade que puidese derivarse.
  • Declaración xurada consonte se está ao corrente das obrigacións tributarias coa Axencia estatal de Administración Tributaria e fronte á Seguridade Social.
  • Datos persoais do autor/a: Nome, apelidos, DNI, teléfono de contacto e correo electrónico.

5. LUGAR E PROCEDEMENTO DE ENTREGA:

Os traballos deberán presentarse na Biblioteca Pública Provincial de Lugo persoalmente, por un familiar en segundo grao ou por correo certificado en sobre pechado no que se deberá presentar toda a documentación citada na base anterior, facendo constar no remitente o pseudónimo empregado e na parte dianteira do sobre:

I CONCURSO FOTOGRÁFICO KÓSIMA LLAMAS. Biblioteca Pública de Lugo. Av. Ramón Ferreiro, 23. 27002 LUGO.

6. PRAZO DE PRESENTACIÓN:

O prazo de presentación de traballos comezará o 1 de Xuño e estará aberto ata o 27 de Setembro de 2024.

7. PREMIOS:

Establécense os seguintes premios:

Primeiro premio: 2000 €

Dous premios de: 300 €

As fotografías premiadas pasarán a formar parte da colección Certame de fotografía Kósima Llamas.

8. XURADO:

A presidencia do xurado será asumida pola propia Kósima ou persoa na que delegue. A composición do xurado será a seguinte:

Dña. Pilar Llamas González

Dña. Marianela Fernández Fernández

Dña. Blanca García Montenegro

D. José Tejero Fernández

D. Adra Pallón

Dña. Itziar Ezquieta

Ao xurado correspóndelle deliberar, estimar e avaliar os traballos. A súa decisión será inapelábel, podendo declarar deserto algún premio ou todos, así como conceder algún accésit.

O xurado terá absoluta competencia para resolver calquera circunstancia non prevista nas presentes bases con absoluta autoridade.

9. DEREITOS DE AUTORÍA:

As obras gañadoras quedarán en propiedade da organización do concurso. Os/as gañadores/as cederán expresamente en exclusiva os dereitos de propiedade intelectual transmisibles da obra premiada, en especial os dereitos de explotación, incluíndo reprodución, comunicación pública e transformación. Para todo o mundo e no prazo máximo permitido pola normativa aplicable.

Neste sentido os autores/as renuncian, a favor da organización, a calquera tipo de remuneración polos seus dereitos de autoría.

A organización poderá facer uso das imaxes para difusión e divulgación do premio, facendo constar a autoría das obras e que son fotografías gañadoras do I CONCURSO FOTOGRÁFICO KÓSIMA LLAMAS.

10. EXPOSICIÓN E DEVOLUCIÓN DE OBRA:

Realizarase unha exposición cos traballos premiados e seleccionados na Biblioteca Pública Provincial de Lugo durante o mes de novembro. Transcorridos quince días desde clausúra da mostra aquelas fotografías que non fosen retiradas quedarán ao dispor da organización.

11. RESOLUCIÓN E ENTREGA DE PREMIOS:

A resolución do xurado farase pública nun prazo máximo de dous meses desde o final de prazo.

Os /as autores/as premiados/as comprométense a estar presentes no acto de entrega de premios.

12. ACEPTACIÓN DAS BASES E CÓDIGO ÉTICO:

A participación ao concurso supón a total aceptación destas bases. A organización estará facultada para dirimir calquera eventualidade non prevista e terá capacidade de interpretación a cuantos efectos proceda.

As fotografías non deberán vulnerar os dereitos das persoas á intimidade e á súa propia imaxe.

As fotografías con persoas identificabeis deberán ir acompañadas dunha carta asinada polas devanditas persoas autorizando o uso da súa imaxe ou na súa falta o autor ou autora da fotografía asume calquera tipo de responsabilidade con respecto a este tema.

 

 

Máis eventos de tipo Exposición

Homenaxe a Gustav Henningsen
20 de decembro a 29 de decembro
San Domingos de Bonaval s/n
O acibeche no mundo antigo. Unha aproximación dende o Castro de Viladonga.
9 de febreiro a 31 de decembro
Museo do Castro de Viladonga