Evento: Campamento de verán de ciencia e tecnoloxía
Campamento de verán de ciencia e tecnoloxía
Actividade dirixida por titulada en Enxeñería Química e Divulgadora Científica, para espertar o interese pola Ciencia, a Enxeñería e a Tecnoloxía.
Son actividades creativas e innovadoras realizadas co máximo rigor científico e pedagóxico:
EXPERIMENTOS CIENTÍFICOS
CIENCIA NA COCIÑA
DESEÑO E IMPRESIÓN 3D
CIRCUITOS ELÉCTRICOS
MICRO: BIT-MBOT-ECHIDNA
O obxectivo é espertar novas vocacións científicas e presentar de forma atractiva as actividades científico -tecnolóxicas, fomentando a innovación e o traballo en equipo.
Para nenos e nenas de 4 a 12 anos (15 prazas)
Duración: do 01/07/2024 ao 05/07/2024 en horario de 9:30 a 14:00 h.
Ludoteca
Inscrición previa desde o 24 de xuño na sala infantil ou no teléfono 982828329
Máis eventos de tipo Obradoiro