Evento: Atardecer no Gaiás-Carrera Blanca

Atardecer no Gaiás-Carrera Blanca
venres, 16 agosto, 2024 - 21:00
Lugar de la Ciudad de la Cultura,
Santiago de Compostela

Atardecer no Gaiás-Carrera Blanca

Este 2024 o ciclo */Atardecer no Gaiás/* trae *16 concertos gratuítos, os xoves e venres entre o 4 de xullo e o 30 de agosto*, para gozar dos mellores solpores do verán en Compostela.  

Cancións apegadizas e 'cuquipunkis' que falan de cousas que afectan a todos os mortais (e especialmente aos millenials), como non querer atoparte ao teu ex, a preguiza que dá ser un adulto funcional ou a importancia das amigas para sobrevivir ao machismo. Carrera Blanca son un grupo de Madrid formado por Diana (voz; tamén coñecida como Precariada no mundo da ilustración), Ángel (baixo), Albert (guitarra) e Fer (batería). Canciones de misa é o seu EP de debut.

Máis eventos de tipo Concerto

Atardecer no Gaiás-Alana (Xuventude Crea)
15 de agosto
Lugar de la Ciudad de la Cultura
Loop Station
16 de agosto
Anfiteatro da Praia Fluvial de San Clodio