Evento: Real Filharmonía de Galicia-Romántica

Real Filharmonía de Galicia-Romántica
xoves, 7 novembro, 2024 - 20:30
Avenida do Burgo das Nacións,
Santiago de Compostela

Real Filharmonía de Galicia-Romántica

Concerto enmarcado no programa de abono da Real Filharmonía de Galicia, titulado "Inconformistas".  

Posuídora dunha linguaxe poliédrica, Raquel García-Tomás comparte moitos códigos sonoros co gran público. Este desexo comunicativo impregna Ceci n’est pas une valse, co-encargo da Real Filharmonía, que parafrasea musicalmente o cadro de Magritte e o texto de Foucault. Unha visión do mundo ben diferente é a de Bruckner, o compositor solitario e tímido que buscou ata a anguria o recoñecemento da crítica. Inseguro das súas creacións, que adoitaba revisar, a Sinfonía núm. 4 —chamada “Romántica” por el mesmo— gozou dun grande éxito na vida do compositor. Nela amosa o seu desmedido amor pola natureza, vista cos ollos dun wagneriano devoto. Bruckner non podía imaxinar cando a compuxo, no ano 1878, que chegaría a ser o compositor predilecto de Hitler e de Goebbels e que o mosteiro de Linz, onde estudou e está embalsamado, sería a sede da radiocorporación do 3o Reich na súa homenaxe.
Baldur Brönnimann, directorRaquel García-Tomás: Ceci n’est pas une valse**Co-encarga da Real Filharmonía de Galicia, Palau de la Música Catalana, Orquestra Simfònica del Vallès, e Fundació Catalunya-La Pedrera. Estrea absolutaAnton Bruckner: Sinfonía núm. 4 en Mi bemol maior “Romántica”.
Coa participación do alumnado da EAEMAdemáis:CONVERSANDO CON… Baldur Brönnimann e Raquel García-TomásSala Mozart, 19:45 h
 

Máis eventos de tipo Concerto

Ves como sabes?
26 de decembro
Auditorio Xosé Manuel Pazos
Aliaxe
27 de decembro
Rúa Proxecto Vagalume
La Penúltima Sabinera en concerto
27 de decembro
Biblioteca Pública de Lugo
A lingua somos todos
27 de decembro
Auditorio Municipal