Evento: Real Filharmonía de Galicia-Marianne e Maddalena
Real Filharmonía de Galicia-Marianne e Maddalena
REAL FILHARMONÍA DE GALICIAChloé van der Soeterstède, directoraNadège Rochat, violonchelo
Fanny Mendelssohn: Abertura en DoAnna Clyne: Dance for Cello and OrchestraLudwig van Beethoven: Sinfonía núm. 8 en Fa maior, op. 93
Fanny Mendelssohn é unha das compositoras recuperadas nos últimos anos. A súa Abertura en Do, única obra orquestral asinada pola compositora, foi estreada nas coñecidas Sonntagsmusiken berlinesas que organizaba na súa casa e que chegaron a acoller máis de 300 persoas. A británica Anna Clyne si goza en vida de todos os recoñecementos á súa traxectoria. Presente nas temporadas das orquestras internacionais, a súa Dance for Cello and Orchestra foi definida pola crítica como unha das pezas máis conmovedoras da música contemporánea.