Evento: “CHALLENGE BOOKSHELF TRACKER NOVELA ROMÁNTICA”

“CHALLENGE BOOKSHELF TRACKER NOVELA ROMÁNTICA”
luns, 1 xullo, 2024 a venres, 30 agosto, 2024
Biblioteca Pública de Lugo,
Lugo

“CHALLENGE BOOKSHELF TRACKER NOVELA ROMÁNTICA”

“Desafío de Estantería Novela Romántica”

A finais de xuño publicaremos nas redes e imprimiremos, tamén en papel, un cartaz cunha selección de 50 títulos de narrativa romántica de todos os tempos. Estes títulos estarán dispoñíbeis para préstamo nun lugar especial do soto 1 (Sala de Préstamo).

O desafío comenza o día 1 de xullo e termina o 30 de agosto.

Todas aquelas persoas que durante ese prazo lean máis de 3 títulos desta selección entrarán nun sorteo que se celebrará rematado o verán (a partires do 23 de setembro) e que terá como agasallo un título que será novidade deste xénero.

Máis eventos de tipo Outras actividades

Centro de interese sobre xogos e divertimentos
3 de xuño a 30 de agosto
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Ler o mar: vacacións, turismo e lecer na literatura e no cine
10 de xuño a 9 de setembro
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Ludoteca de verán
25 de xuño a 9 de setembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Recomendacións do club de lectura de cómic
28 de xuño a 30 de agosto
Biblioteca Pública de Ourense