Evento: Sentinelas da Lúa Carmesí

Sentinelas da Lúa Carmesí
xoves, 27 xuño, 2024 - 17:00
Carpa da Praza da Ferrería,
Pontevedra

Sentinelas da Lúa Carmesí

Unha banda deseñada de aventuras e fantasía creada por Andrés Castro, Ozo Perozo e Alexandre Senande que bebe das lendas e mitos de tradición oral de Galiza.

Dentro da programación do Festival de Banda Deseñada "BDra Gráfica" de Pontevedra, Sentinelas da Lúa Carmesí inaugura as xornadas de presentacións dos autores e autoras convidadas. Acompañando aos autores estará Marcos Calveiro, Director de Edicións da Editorial Galaxia, e presenta Kiko da Silva. Ao remate da presentación haberá unha sesión de sinaturas.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

CURSO "OS TEMAS DA ARTE"
8 de outubro a 17 de decembro
Museo de Belas Artes
Toponimízate 2024
16 de outubro
Salón da Cooperativa do Pemento
Toponimízate 2024
18 de outubro
Salón de plenos da Casa do Concello
Toponimízate 2024
8 de novembro
Centro Social