Evento: Mareas de Vida

  • mareas de vida
Mareas de Vida
venres, 19 xullo, 2024 a luns, 19 agosto, 2024
Museo ANFACO da Industria Conserveira,
Vigo

Mareas de Vida

Exposición fotográfica

A exposición fotográfica "Mareas de Vida" é unha iniciativa para poñer en valor o papel das mulleres do mar. É un evento organizado por FUNPROMAR (iniciativa impulsada por ANFACO-CECOPESCA), co apoio do Plan Social de ENCE e en colaboración coa marca SEREAS e FUNDAMAR.

A exposición fotográfica celebra o esforzo, a dedicación e a herdanza das mariscadoras da Agrupación da ría de Pontevedra e das mulleres que traballan na fábrica de Conservas de Antonio Alonso, S.A. de Bueu. A través destas imaxes, queremos destacar a súa valiosa contribución á nosa comunidade e compartir a esencia do seu traballo e a súa vida cotiá.

A exposición poderá visitarse a partir do venres 19 de xullo ata o 19 de agosto no Museo da Conserva (Sede de ANFACO-CECOPESCA - Campus Universitario de Vigo). O horario de visita é de 8:00 a 15:00 horas de luns a venres.

 

Máis eventos de tipo Exposición

Homenaxe a Gustav Henningsen
20 de decembro a 29 de decembro
San Domingos de Bonaval s/n
O acibeche no mundo antigo. Unha aproximación dende o Castro de Viladonga.
9 de febreiro a 31 de decembro
Museo do Castro de Viladonga