Evento: Os Bolechas deportistas presentan Radiolímpica

Os Bolechas deportistas presentan Radiolímpica
venres, 16 agosto, 2024 - 20:00
Praza de Bos Aires,
Cortegada

Os Bolechas deportistas presentan Radiolímpica

Novo espectáculo de monicreques dos máis queridos personaxes do público infantil e familiar.

O programa de dinamización lingüística no tempo do lecer FalaRedes trae os deportes á rúa no verán, cun espectáculo de monicreques dos máis queridos personaxes do público infantil e familiar, Os Bolechas.

Os Bolechas deportistas e a súa Radiolímpica é un espectáculo ao aire libre que combina o teatro de monicreques con explicacións, preguntas e probas pensadas para que participen nenos e nenas de 4 a 9 anos e as súas familias.

Nesta nova proposta combínanse, da man dos coñecidos personaxes de Pepe Carreiro, a lingua galega e o deporte, o xogo coa aprendizaxe. Con esta actividade, Carlos, Loli, Pili, Braulio, Sonia, Tatá e Chispa dan a coñecer diferentes disciplinas deportivas, co gallo da celebración das Olimpíadas en París. Os Bolechas deportistas anímanos a usar o galego tamén cando practicamos deporte.

Calendario

  • Porto do Son. 14 de agosto ás 11 horas. Praza de España.
  • Poio. 15 de agosto ás 20 h. Porto de Raxó.
  • Cortegada. 16 de agosto ás 20 h. Praza de Bos Aires.
  • Folgoso do Courel. 18 de agosto ás 18 horas. Praza do Concello.
  • O Pereiro de Aguiar. 22 de agosto ás 12.00 h. Ceip Plurilingüe Ben-Cho-Shey.
  • Bande. 22 de agosto ás 20 horas. Praza da Constitución.
  • Vigo. 25 de agosto ás 12 horas. Museo do Mar de Galicia
  • Vilagarcía de Arousa. 25 de agosto ás 19.30 h. Praza de Galicia.
  • Arzúa. 28 de agosto ás 12.00 h. Praza de Galicia.
  • Ponteareas. 31 de agosto ás 19.00 h. Praza Maior.
Outras datas

Máis eventos de tipo Espectáculo

PoesíaenRiba
3 de agosto
Museo Etnolóxico de Ribadavia
Carlos Crespo e Kris K DJ
3 de agosto
A Freixa
Filipa cos contos 2024
5 de agosto
Axencia de Lectura Municipal de Bergondo
Cecilia e a súa boneca
5 de agosto
Axencia de Lectura Municipal da Mezquita