Evento: Sol-edad: El tiempo de María

Sol-edad: El tiempo de María
venres, 27 setembro, 2024 - 19:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Sol-edad: El tiempo de María

Representación teatral a cargo da Compañía de teatro LaPili co apoio de Cruz Roja

A soidade no desexada é un dos grandes problemas aos que se enfronta a sociedade actual. E que mellor xeito que a través da cultura, neste caso, o teatro para sensibilizar á poboación sobre como se sinten moitas persoas maiores.

A Compañía de teatro LaPili co apoio de Cruz Roja en Málaga produciron a obra “Sol-edad: El tiempo de María” co obxectivo de visibilizar e concienciar á poboación na detección de situacións de soidade non desexada e o illamento das persoas maiores, empregando a cultura como canle de comunicación.

A obra está enmarcada dentro do proxecto CRECE que busca loitar contra a soidade non desexada a través dunha perspectiva comunitaria, así como transformar o modelo de apoio e coidado de longa duración para previr e retrasar a institucionalización. CRECE é un proxecto financiado polos Fondos Next Generation da Unión Europea a través do Ministerio de Derechos Sociales y Agenda 2030.

No salón de actos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Non hai cousas de neno e cousas de nena: só de persoas
14 de agosto
Axencia de Lectura Municipal de Pantón
Chocolate
14 de agosto
Axencia de Lectura Municipal de Riós