Evento: Atrapad@s na rede

Atrapad@s na rede
sábado, 17 agosto, 2024 - 12:00
Museo Massó,
Bueu

Atrapad@s na rede

Unha actividade para que as nenas e nenos vexan aspectos relacionados co mundo do mar dun xeito diferente, como é o oficio tradicional de redeira

Dentro das funcións principais do museo está a organización periódica de actividades científicas e divulgativas para a promoción e difusión entre todo tipo de públicos. En relación coa educación, o Museo leva a cabo un completo programa educativo destinado especialmente aos menores e que á súa relación co Museo e o medio que o rodea xurda de xeito natural. Nesta ocasión, trátase de achegar aos rapaces e rapazas ao mundo do mar ao través do oficio tradicional de redeira cun obradoiro práctico para coñecer as técnicas de confección das redes de pesca e os distintos tipos de artes.

Dirixido a nenas e nenos a partir de oito anos e menores acompañados.

O obradoiro terá aproximadamente hora e media de duración.

A inscrición é gratuíta e deberá realizarse chamando ao teléfono 886 151 101 ou a través do correo museo.masso@xunta.gal, enviando un nome e un teléfono de contacto.

Máis eventos de tipo Obradoiro

A muller na ciencia
18 de outubro
Biblioteca Pública Municipal de Maceda
Lagarta, lagarta!
18 de outubro
Biblioteca Pública Municipal de Leiro
“Estudar é + doado se sabes COMO” (6ª Sesión)
18 de outubro
Biblioteca Pública de Lugo
Olimpíada tecnolóxica - Robótica creativa
18 de outubro
Axencia de Lectura Municipal de Lucín-Olveira