Evento: Mover cenizas

Mover cenizas
domingo, 18 agosto, 2024 - 19:00
Neveiro do Eirado,
Xunqueira de Espadanedo

Mover cenizas

Estrea da peza de danza 'Mover Cinzas' da compañía SóLODOS cun pase ás 19:00 e outro ás 20:00

Mover cinzas está inspirada na vaga de lumes que asolaron a provincia de Ourense no ano 2006 e que deixaron unha profunda pegada na coreógrafa Maruxa Salas. A cinza aparece como residuo do arrasado, do deserto e da poética do que queda, do que perdura e como se transforma, construíndo a partir dos bosques convertidos en po unha metáfora do rexurdimento, un convite a habitar o presente para continuar polo camiño da vida. O lugar escollido para a súa estrea é un antigo neveiro recuperado, unha construción escavada na terra e cuberta con pedra, que se utilizaba para almacenar a neve durante o inverno e aproveitala despois para a conservación de alimentos, para fabricar bebidas xeadas, ou mesmo con usos terapéuticos.

 

Coreografía e interpretación: Maruxa Salgas e Erick Jiménez

Mirada externa: Arnau Pérez

Vestiario: Adolfo Domínguez

Espazo sonoro: John Axiom

Produción: Víctor López e Manu Lago

Dirección: Maruxa Salgas e Erick Jiménez

Espectáculo coproducido polo Centro Coreográfico Galego e SóLODOS.

Coa participación do: Concello de Xunqueira de Espadanedo, Festival Manhattan, Asociación Cultural Lana Cocina de Rubén Darío e Larumbe Danza.

Colabora: Cidanz Producións, Pablo Salgas Foto e Pablo Vargas.

 

Reserva de entradas

As entradas só están dispoñibles mediante reserva a través de mensaxe de WhatsApp aos números de teléfono 630 742 946 ou 656 473 338.

 

Máis eventos de tipo Espectáculo

Consertasso na horta
16 de agosto
Biblioteca Pública Municipal de Teixeiro