Evento: Semana das artes

Semana das artes
luns, 2 setembro, 2024 a venres, 6 setembro, 2024
Biblioteca Pública de Lugo,
Lugo

Semana das artes

A cargo de A nube de Artear

Busca para os seus fillos unha proposta de accións enfocada cara ás actividades artísticas?

Creamos un espazo educativo de artes e experimentación, no cal a formación e a aprendizaxe convivirán coa animación e a dramatización.

Ofértanse experiencias artísticas e pedagóxicas interdisciplinares entre os campos das artes, o teatro e a música, que pretenden desenvolver a vertente artística dos participantes tanto individualmente como en grupo, dentro nun ambiente cheo de creatividade.

Para nenas e nenos de 6 a 12 anos (15 prazas)

Duración: de 9:30 a 14:00 h de luns a venres

Ludoteca

Inscrición previa dende o luns 26 de agosto na sala infantil e no teléfono 982828329

Máis eventos de tipo Obradoiro

A muller na ciencia
18 de outubro
Biblioteca Pública Municipal de Maceda
Lagarta, lagarta!
18 de outubro
Biblioteca Pública Municipal de Leiro
“Estudar é + doado se sabes COMO” (6ª Sesión)
18 de outubro
Biblioteca Pública de Lugo
Neste día... Escriben
18 de outubro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés