Evento: Biblioteatro

Biblioteatro
sábado, 7 setembro, 2024 a venres, 29 novembro, 2024
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola,
Pontevedra

Biblioteatro

Biblioteatro ten como finalidade ofrecer ás familias un espazo os sábados pola mañán onde a cativada pode desenvolver actividades de expresión e socialización que estimulan a súa capacidade creativa a través de diferentes actividades de animación teatral, expresión corporal e xogo dramático.

A actividade desenvolverase os sábados de setembro, outubro e novembro e contaremos con dous grupos : un para  peques  de 4 a 6  anos e outro para rapazada de 7 a 10. A actividade é continuada polo que é preciso acudir todos os sábados. A falta de asistencia continuada ou sen xustificación suporá a baixa na actividade.

Publico destinatario: 1º grupo, de 4 a 6 anos ; 2º grupo de 7 a 10 anos

Data e hora: todos os sábados de setembro, outubro e novembro. Grupo de 4 a 6 anos de 10:30 a 12:00. Grupo de 7 a 10 anos de 12:00 a 13:30

Con inscrición previa na web da biblioteca a partir do xoves día 29 ás 9:00 horas

 

Máis eventos de tipo Espectáculo

Un Samaín de medo: obradoiro de efectos e caracterización
31 de outubro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Ruada en Mos
10 de novembro
Pazo de Mos
Desexo
29 de outubro
Pazo da Cultura
Desexo
29 de outubro
Pazo da Cultura