Evento: Unha pantasma percorre as bibliotecas

  • mes dos libros prohibidos, unha pantasma percorre as bibliotecas
Unha pantasma percorre as bibliotecas
luns, 2 setembro, 2024 a luns, 30 setembro, 2024
Biblioteca Pública de Ourense,
Ourense

Unha pantasma percorre as bibliotecas

Mes dos libros prohibidos

Un ano máis, a biblioteca súmase á Banned Books Week, unha iniciativa anual que persegue poñer en valor a libertade de ler e de creación literaria. Comeza a organizarse en 1982, nos Estados Unidos, en resposta ó incremento de peticións de retirada de libros en escolas, librarías e bibliotecas.

A selección de libros que fixemos nesta ocasión, presenta títulos que nos últimos anos foron retirados, ou desligados da súa sección inicial, en diferentes bibliotecas públicas do noso país. A maioría abordan temáticas LGBTIQ+. As argumentacións máis comúns para a súa retirada teñen relación coa posibilidade de que menores de idade poidan ler contido que algunhas persoas consideran inadecuados para eles.

Sen embargo, as bibliotecas son espazos abertos, que buscan achegar múltiples coñecementos e realidades, de forma que a sociedade teña ao seu alcance un abanico de posibilidades ó que, doutra maneira, non sería posible acceder. Este dereito a ler debe prevalecer por enriba de todo.

Máis eventos de tipo Outras actividades

Palestina
22 de marzo a 30 de setembro
Biblioteca Pública de Ourense
Ler o mar: vacacións, turismo e lecer na literatura e no cine
10 de xuño a 9 de setembro
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Ludoteca de verán
25 de xuño a 9 de setembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Descubrir, Viaxar, Explorar ...
3 de xullo a 9 de setembro
Biblioteca Pública de Ourense