Evento: Romantasy: un novo xénero froito dunha antiga unión

Romantasy: un novo xénero froito dunha antiga unión
martes, 1 outubro, 2024 a xoves, 31 outubro, 2024
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Romantasy: un novo xénero froito dunha antiga unión

Mostra bibliográfica

O Romantasy ou romantasía en galego é un termo que une as palabras romance e fantasía (fantasy en inglés). As obras que se inclúen baixo este concepto están, habitualmente, inspiradas na mitoloxía o en períodos históricos como a Idade Media ou a Idade Moderna, valéndose así do seu imaxinario para introducir criaturas máxicas como dragóns, fadas, meigas… A pesar disto, neste subxénero, os mundos fantásticos que conforman a base da historia sitúanse nun segundo plano, sendo o verdadeiro protagonista o amor e, consecuentemente, os conflitos románticos dos protagonistas.

A pesar de que a primeira aparición do termo data de 2008 no dicionario en liña Urban Dictionary, a súa popularización non se deu ata a segunda metade do 2023 debido ás comunidades lectoras das redes sociais. O seu alcance segue en aumento como se pode ver en aplicacións como TikTok onde a súa busca suma máis de 100 millóns de visualizacións, testemuñando a demanda que ten entre os lectores e lectoras.

Por todo isto, desde a Biblioteca Pública Ánxel Casal, decidimos crear esta mostra que achegará aos lectores e lectoras ás obras máis representativas que temos entre as nosas baldas.

No segundo andar. Pode visitarse durante o horario de apertura da biblioteca

Máis eventos de tipo Exposición

Homenaxe a Gustav Henningsen
20 de decembro a 29 de decembro
San Domingos de Bonaval s/n
O acibeche no mundo antigo. Unha aproximación dende o Castro de Viladonga.
9 de febreiro a 31 de decembro
Museo do Castro de Viladonga
Salto cuántico
1 de abril a 2 de febreiro
Centro Galego de Arte Contemporánea