Evento: Olvido Flores, de Estefanía de Paz Asín (NAV)

Olvido Flores, de Estefanía de Paz Asín (NAV)
domingo, 6 outubro, 2024 - 20:00
Auditorio Pazo da Cultura,
Carballo

Olvido Flores, de Estefanía de Paz Asín (NAV)

Espectáculo producido por Estefanía de Paz Asín

Unha troupe de máis de 50 artistas facía a súa xira polo norte de España e apagaron as súas luces bailando coa morte. Olvido Flores achéganos os testemuños das persoas que viviron os acontecementos sucedidos en Lodosa en xullo de 1936. E gardaron o recordo. Olvido quere dar voz aos sen nome, a esas persoas esquecidas ás que ninguén lles levou flores tras a súa morte. Estefanía de Paz Asín rescatou información e relatos vivos para saber que pasou aquela escura noite e quere iluminar a súa historia, a nosa historia.

 

 

Máis eventos de tipo Espectáculo

Carlos Crespo e Kris K DJ
9 de setembro
Rúa Salgado Moscoso
Os Mundos de Elisa
12 de setembro
Biblioteca Pública Municipal do Porriño
Habelas hainas.
13 de setembro
Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén
Encontros literarios
13 de setembro
Biblioteca Pública Municipal de Moeche