Evento: Olvido Flores, de Estefanía de Paz Asín (NAV)

Olvido Flores, de Estefanía de Paz Asín (NAV)
domingo, 6 outubro, 2024 - 20:00
Auditorio Pazo da Cultura,
Carballo

Olvido Flores, de Estefanía de Paz Asín (NAV)

Espectáculo producido por Estefanía de Paz Asín

Unha troupe de máis de 50 artistas facía a súa xira polo norte de España e apagaron as súas luces bailando coa morte. Olvido Flores achéganos os testemuños das persoas que viviron os acontecementos sucedidos en Lodosa en xullo de 1936. E gardaron o recordo. Olvido quere dar voz aos sen nome, a esas persoas esquecidas ás que ninguén lles levou flores tras a súa morte. Estefanía de Paz Asín rescatou información e relatos vivos para saber que pasou aquela escura noite e quere iluminar a súa historia, a nosa historia.

 

 

Máis eventos de tipo Espectáculo

Historia dunha gaivota
12 de outubro
Biblioteca Pública Municipal de Burela
A incrible historia da maxia
14 de outubro
Axencia de Lectura Municipal de Portosín
Hocus Pocus
14 de outubro
Biblioteca Pública Municipal de Xove
Do meu ámago antigo e "cadeirámbulo"
15 de outubro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal